Francisco Bueno Capeáns, nado en Santiago de Compostela en 1967, é un autor de banda deseñada galego.
Traxectoria Os seus primeiros traballos publicáronse nas revistas Tótem, Frente Comixario, Diario 16, Elipse e Conciencia Planetaria.
En 1993 participou nas exposición O cómic en Galicia, nos anos 2001, 2002 en Viñetas desde o Atlántico e en 2001 no Salón de Banda Deseñada de Cangas. No plano internacional, na revista francesa Lanfeust na serie Nobles causes e no selo norteamericano Image. Gañou o Premio Castelao 2013.
É mestre de Entintado Tradicional e Destrezas Gráficas na Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración O Garaxe Hermético.
Obra O máxico arrecendo (Editorial Vía Láctea) Co Estudo Tangaraño Parando a marea negra (con guión de Marilar Aleixandre, para a Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega) Serie Os escachapedras (con guión de Marilar Aleixandre, publicada na revista Golfiño) Noble causes (Lanfeust) En Image (El Patito Editorial) Catálogo oneroso de beleza gratuíta, Premio Castelao 2013.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas A páxina persoal de Fran Bueno
Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1967 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes