Julio Manuel Cid Rodríguez, coñecido como Emilio, nado en Allariz e finado en Lugo o 3 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Veciño de Corvillón (A Merca), posiblemente residía temporalmente en Lugo en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 20 de xullo. Xulgado en consello de guerra o 28 de agosto por tenencia de explosivos,El Pueblo Gallego, 29-8-1936, p. 5. foi condenado a morte por rebelión militar. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 3 de setembro de 1936.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Allariz Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos