miniatura|Faro de Vigo do 24/7/1927. Alegoría de Camilo Díaz no Día de Galicia. Os touros da Raíña Lupa conducen os restos de Sant-Iago ao sagrado Libredón. Véxase tamén El Libredón, diario que se publicou en Santiago de Compostela de 1881 a 1887. Libredón era un monte ou bosque próximo a Santiago de Compostela no que, segundo a lenda, se soterrou o corpo do apóstolo Santiago. dereita|miniatura|A Carballeira de Santa Susana podería ser un reduto do antigo Libredón. Descrición O Códice Calixtino, escrito en 1139, relata que os discípulos de Santiago Teodoro e Atanasio trasladaron o seu corpo desde Padrón nun carro tirado por bois até o bosque Libredón (anteriormente Liberum Donum), no que foi soterrado. O lugar foi esquecido até que, no século X, o ermitán Paio (Pelagius) viu unhas luces que iluminaban o lugar. Imaxinando a razón, pois coñecía a tradición, avisou a Teodomiro, bispo de Iria Flavia. Este atopou unha pequena capela cun altar e unha cripta na que había tres tumbas, a de Santiago e a dos seus dous discípulos. Informou ao rei de Galiza, Afonso II o Casto, que viaxou desde Oviedo polo que se denomina o Camiño Antigo, para verificar que os ósos correspondían cos do apóstolo. De Oviedo viñeron doce monxes beneditinos, a primeira basílica ergueuse no bosque de Libredón e ao seu redor naceu Compostela.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Camiño de Santiago Achado do sepulcro do Apóstolo Santiago Ligazóns externas "Historia de Santiago de Compostela" vivecamino.com La Voz de Galicia.

Categoría:Mitoloxía cristiá Categoría:Camiño de Santiago Categoría:Historia de Santiago de Compostela Categoría:Historia medieval de Galicia