, nado en Tokyo o 29 de xaneiro de 1940 e finado o 16 de marzo de 2022, foi un piloto de motociclismo e automobilismo xaponés. Está considerado como o creador do drifting. Foi o presidente da GT-Association, os organizadores da serie Super GT, de 1993 a 2007.
Traxectoria Na tempada de carreiras de motociclismo de Grand Prix de 1961, Takahashi converteuse no primeiro piloto xaponés en gañar un Gran Premio de motociclismo montando unha Honda (250cc) na vitoria en Hockenheim. Os seus mellores acabados foron un cuarto lugar no campionato mundial de motociclismo de 250cc de 1961 e un cuarto lugar no campionato mundial de motociclismo de 125cc de 1962, ambas as dúas tempadas con Honda. Resultou gravemente ferido no Gran Premio de motociclismo da illa de Man TT de 1962, e pasouse ás carreiras de automóbiles en 1965. Gañou catro Grandes Premios na súa carreira de motociclismo.
Carreiras de automóbiles Participou nunha carreira de Fórmula Un, o Gran Premio do Xapón de 1977, o 23 de outubro de 1977, pilotando un Tyrrell. Este foi de feito o mesmo coche que Kazuyoshi Hoshino usou no Gran Premio do Xapón de 1976. Takahashi terminou 9º na súa única participación nun Gran Premio, polo que non conseguiu puntos de campionato. Desde a tempada 1987 ata a tempada 1992 de Fórmula 3000, competiu no campionato de Fórmula 3000 do Xapón. Tamén competiu en oito carreiras das 24 Horas de Le Mans entre 1986 e 1996. Nas 24 Horas de Le Mans de 1995, o seu equipo competiu cun Honda NSX, gañando a clase GT2 e terminando oitavo na xeral.
Rexistro de carreiras Resultados nas carreiras de motociclismo
Posición 1 2 3 4 5 6 Puntos 8 6 4 3 2 1
(clave) (Carreiras en italica indican volta rápida)
Ano Clase Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Puntos Ranq vitorias 1960 125cc Honda IOM NED BEL ULS NAT 1 10º 0 250cc Honda IOM NED BEL ALE ULS NAT 6 7º 01961 125cc Honda ESP ALE FRA IOM NED BEL DDR ULS NAT SWE ARG 24 5º 1 250cc Honda ESP ALE FRA IOM NED BEL DDR ULS NAT SWE ARG 29 4º 11962 50cc Honda ESP FRA IOM NED BEL ALE DDR NAT FIN ARG 7 9º 0 125cc Honda ESP FRA IOM NED BEL ALE ULS DDR NAT FIN ARG 16 4º 21963 50cc Honda ESP ALE FRA IOM NED BEL FIN ARG JPN 0 - 0 125cc Honda ESP ALE FRA IOM NED BEL ULS DDR FIN NAT ARG JPN 14 7º 0 250cc Honda ESP ALE IOM NED BEL ULS DDR NAT ARG JPN 7 9º 01964 50cc Honda USA ESP FRA IOM NED BEL ALE FIN JPN 0 - 0 125cc Honda USA ESP FRA IOM NED ALE DDR ULS FIN NAT JPN 3 14º 0
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Puntos Meiritsu Racing Team Tyrrell 007 Cosworth V8 ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN XPN NC 0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Kunimitsu Takahashi career statistics at MotoGP.com Official Team Site
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Pilotos de Fórmula 1 do Xapón Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos de motociclismo do Xapón Categoría:Pilotos de 50 cc Categoría:Pilotos de 125 cc Categoría:Pilotos de 250 cc