O voo 114 de Thai Airways International foi un accidente de aviación ocorrido o 3 de marzo de 2001 cando un Boeing 737-400, con destino ao aeroporto internacional Don Mueang en Bangkok, quedou esnaquizado por un estoupido no tanque de combustible central dunha á debido á ignición da mestura inflamable de combustible e aire mentres o aparello estaba estacionado antes do embarque.

Oficialmente a fonte da enerxía de ignición para o estoupido non puido ser determinada con certeza, pero a causa máis probable puido ser un estoupido orixinado na bomba do tanque de combustible como resultado da utilización da bomba en presenza de lascas metálicas e unha mestura de combustible e aire. Un membro da tripulación de cabina morreu no accidente.

Entre os pasaxeiros que deberían embarcar no avión atopábanse varios membros dos goberno do país, entre eles o primeiro ministro Thaksin Shinawatra e o seu fillo Panthongtae.

Teoría do asasinato Unha teoría é que o accidente tratouse dun intento de asasinato frustrado, xa que o estoupido ocorreu antes de que se acendesen os motores, e orixinouse baixo os asentos que tiñan que ser ocupados polo primeiro ministro. Entre os restos do aparello atopáronse restos de Semtex, TNT, fósforo branco, PETN e RDX.

Notas

Thai Airways International 0114 Thai Airways International Thai Airways International