Société Nationale Malgache de Transports Aériens, Société Anonyme, operando como Air Madagascar, é a aeroliña nacional de Madagascar con sede en Antananarivo. Opera servizos cara Europa, Asia e África dende a súa base principal no aeroporto internacional Ivato en Antananarivo. A compañía tamén opera unha extensa rede doméstica.
A aeroliña naceu no ano 1947 para alimentar voos de Transports Aériens Intercontinentaux e Air France, e tras a independencia de Madagascar converteuse na aeroliña de bandeira do país. Inicialmente operaba servizos domésticos, pero a compañía expandiuse a finais dos 60 cando comezou a operar rutas internacionais a destinos como Francia e Suráfrica.
Nos últimos anos intentrouse privatizar a compañía sen éxito. O proceso de privatización atópase parado e a aeroliña pertence na súa maior parte ao goberno de Madagascar.
En outubro de 2021, Air Madagascar, colocada baixo control, fusionarase coa súa filial Tsaradia para relanzar e converterse en Madagascar Airlines.
Frota En maio de 2018 a frota de Air Madagascar estaba formada polos seguintes avións:
+ Frota de Air MadagascarAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasCY+YTotalAirbus A340-3002—3021224275ATR 72-5002—8—6270ATR 72-6002—10—6272Boeing 737-8001—8—156164de Havilland Canada DHC-6-300 Twin Otter3———1919Total10—
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Madagascar