miniatura|200px|Símbolo do feminismo islámico. O feminismo islámico é unha vertente do feminismo preocupada polo papel das mulleres no islamismo. Esa ramificación loita pola plena igualdade entre todos os musulmáns, independentemente do sexo, na vida pública e privada. As feministas islámicas defenden os dereitos das mulleres, a igualdade de xénero e a xustiza social fundamentadas nunha estrutura islámica. A pesar das súas raíces no islam, os pioneiros do movemento tamén teñen utilizado discursos feministas seculares, occidentais ou doutras fontes non musulmás e recoñeceron o papel do feminismo islámico como parte dun movemento feminista global e integrado.
Os defensores do movemento procuran destacar as ensinanzas de igualdade profundamente enraizados na relixión e incentivar un cuestionamento da interpretación patriarcal do ensino islámico a través do Corán (libro sagrado), do hadith (ditos de Mahoma) e da xaria (lei islámica) en dirección a creación dunha sociedade máis igualitaria e xusta. O islamismo nunca cuestionou a posibilidades das mulleres de daren asistencia ós homes na guerra e nin negou a elas o dereito de iren para o combate en caso de emerxencia.(Maulana Muhammad Ali, Introduction to the Study of the Holy Qur-an, op.cit., p. 132.). O islam ten unha longa tradición de participación de mulleres na fe, sendo a muller de Mahoma, Aisha, un dos primeiros teólogos da relixión.Fatima Mernissi, The Forgotten Queens of Islam, Minneapolis, Minnesota: University of Minnesota Press, 1993; pp. 66-69.
Existen países de maioría musulmá con xefas de Estado, primeiras-ministras e secretarias de estado, como Lala Shovkat do Azerbaidján, Benazir Bhutto do Paquistán, Mame Madior Boye do Senegal, Tansu Çiller de Turquía, Kaqusha Jashari de Kosovo e Megawati Sukarnoputri de Indonesia. Bangladesh foi o segundo país do mundo en ter dous mandatos seguidos de mulleres (Khaleda Zia e Sheikh Hasina), que gobernan o país como primeiras-ministras dende 1991, o que pode facer de Bangladesh un exemplo único na historia das repúblicas do mundo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Feminismo negro Feminismo poscolonial Purplewashing Feminacionalismo Islamofobia
Categoría:Islam Categoría:Escolas feministas