Chuck Daigh, nado en Long Beach (California) o 29 de novembro de 1923 e finado en Newport Beach o 29 de abril de 2008, foi un piloto de automóbiles estadounidense.
Traxectoria
Participou nas carreiras de Gran Premio co equipo Scarab de Lance Reventlow, grazas a ser un dos enxeñeiros residentes. Participou en seis carreiras do Mundial de Fórmula 1, debutando o 29 de maio de 1960 e non logrou puntos de campionato. Tamén participou nunha carreira de Fórmula Un fora do campionato.
Logo da tempada de , Chuck Daigh pasou a participar nas carreiras da liga de Fórmula Internacional en Europa, pilotndo un Scarab do ano anterior. Terminou oitavo en Goodwood disputando a Copa Lavant e terminou sétimo nun intento no Trofeo Internacional. Logo chocou no Trofeo do Imperio Británico en Silverstone.
Tamén foi un exitoso piloto de autos deportivos nos Estados Unidos, gañando o clásico de resistencia de Sebring e tamén intentou clasificarse dúas veces nas 500 Millas de Indianápolis, pero sen éxito. Tamén gañou o Gran Premio de Sports Cars dos Estados Unidos de 1958 en Riverside, California, pilotando un Scarab. Este evento considérase en gran medida o inicio das carreiras de automóbiles deportivos profesionais nos Estados Unidos.
Morreu no hospital logo dunha breve batalla con problemas cardíacos e respiratorios.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Pts. J.C. Agajanian Kuzma Indy Roadster Offenhauser L4 MON 500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA NC 0 Reventlow Automobiles Inc. Scarab F1 Offenhauser 4 en liña ARXNCG MON 500 NED BEL FRA USA NC 0 Cooper Car Company Cooper T51 Climax L4 GBR POR ITA
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Profile on Historic Racing
Categoría:Nados en 1923 Categoría:Nados en Long Beach Categoría:Finados en 2008 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scarab Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Cooper Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos das 12 Horas de Sebring