Para ver o compositor, prema en Robert Schumann.

Robert Schuman, nado en Luxemburgo o 29 de xuño de 1886 e finado en Scy-Chazelles (Moselle) o 4 de setembro de 1963, foi un político francés, que xunto con Konrad Adenauer, Jean Monnet e Alcide de Gasperi é considerado como o "pai de Europa" en referencia á Unión Europea (UE). En 1959 recibiu o Premio Erasmus.

Traxectoria Desenvolveu a súa carreira política en Francia, onde foi presidente do consello en 1947 como membro do Mouvement Républicain Populaire (MRP), despois ministro das finanzas, ministro da xustiza e ministro de asuntos exteriores (1948-1952), cargo que o levou a ser o maior negociador francés dos tratados firmados entre o final da segunda guerra mundial e o principio da guerra fría, (Consello de Europa, OTAN, CECA).

Notas

Véxase tamén

Categoría:Primeiros ministros de Francia Categoría:Presidentes do Parlamento Europeo Categoría:Nados na cidade de Luxemburgo Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Premio Erasmus Categoría:Premio Carlomagno