Frederick G. Wacker Jr., nado en Chicago o 10 de xullo de 1918 e finado en Lake Bluff o 16 de xuño de 1998, foi un enxeñeiro e empresario estadounidense. Tamén foi un destacado membro da alta sociedade de Chicago, músico de jazz e piloto de automobilismo. Participou en cinco carreiras do Campionato do Mundo de Fórmula 1, debutando o 21 de xuño de 1953. Non conseguiu puntos de campionato. Tamén participou en varias carreiras fora do campionato da Fórmula Un.
Traxectoria
Wacker era neto de Charles H. Wacker, o primeiro presidente da Chicago Plan Commission e do home por quen é nomeado o Wacker Drive en Chicago. Frecuentou The Hotchkiss School e a Universidade Yale. Traballou con AC Spark Plug antes de ingresar na Armada dos Estados Unidos.
Wacker viuse involucrado nun accidente mortal durante a segunda volta do Gran Premio de Watkins Glen, que no seu momento era un circuíto urbano. Mentres se preparaba para dar un xiro á dereita, o seu Allard J2 acercouse perigosamente a un Cunningham pilotado por John Fitch, e os dous pilotos se desviaron para evitar unha colisión. A parte traseira do Allard saíu lixeiramente cara á esquerda e atropelou a multitude de espectadores sentados na beirarrúa ao largo do circuíto. Dez persoas resultaron feridas e un rapaz de 7 anos morreu. A traxedia causou o final das carreiras en Glen e noutros lugares dos Estados Unidos.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX 500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA NC 0 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX 500 BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESPNCG NC 0
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1918 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Finados en 1998 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Gordini Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans