Sílex Ediciones é unha editorial española fundada en Madrid en 1972 por Eleonor Domínguez.
Dedicada nas súas orixes á edición de libros de Arte, ampliou o seu catálogo en diversas liñas dentro do campo das humanidades, como a Historia ou a Museoloxía.
Dirixida por Ramiro Domínguez, a finais do século XX e principios do século XXI manifestouse como unha activa editorial no campo da Historia, prestando grande atención tanto ao campo da divulgación como ao mundo universitario.
Véxase tamén Outros artigos Sílex Ligazóns externas Blog da editorial
Categoría:Editoriais de España