miniatura|Moeda romana dun nummus a nome de Constancio II, cuñado en Tréveris entre 330 e 335. Anverso: FL IVL CONSTANTIVS NOB C. Reverso: GLORIA EXERCITUS. Nummus (en grego: νουμμίον, noummion), plural nummi (νοῦμμοι), foi inicialmente o termo latino equivalente ao actual "moeda", utilizado posteriormente para unha serie de moedas do imperio Romano e bizantinas de cobre durante a Antigüidade tardía."Nummus". En Brill Online Reference Works. 2015.Alfaro Asins, C. et al. "Nummus (2)", "Follis (1)" e "Follis (2)". En Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7"Nummus". En Forum Ancient Coins."Nummus ". En Tipos de monedas bizantinas. www.tesorillo.com
Historia miniatura|esquerda|Moedas bizantinas con valores en nummi, do reinado de Anastasio I: á esquerda a de 40 nummi (follis) e á dereita a de 5 nummi (pentanummium).
Nun primeiro momento, o termo foi utilizado, xa ao final da República de Roma e nos inicios do Imperio, para se referir en xeral á moeda e, máis en particular, para designar o sestercio, que era a principal unidade de conta da época.
Arredor de 294, durante a Tetrarquía, apareceu unha nova moeda de cobre de preto de 10 gramos de peso e 30 milímetros de diámetro. É probable que a súa denominación oficial na época fose tamén nummus, aínda que modernamente pasou a ser coñecida no ámbito numismático como follis.
A denominación de nummus resérvase actualmente para as emisións bizantinas de cobre dos séculos V a VII. Tratábase dunhas pequenas moediñas, descoidadamente cuñadas, cun peso inferior ao gramo, que constituían a denominación máis baixa do sistema bizantino, valoradas oficialmente en 7.200 pezas por cada sólido de ouro (aínda que a súa taxa real oscilou entre as 6.000 e as 12.000). Estes nummi presentaban adoito o busto do emperador de perfil nos seus anversos e un monograma imperial nos reversos, aínda que algunhas moedas do emperador Xustiniano I (527-565) amosan no canto deste monograma o valor facial da moeda mediante o numeral grego "A".Kazhdan (1991). Páxina 1.504. miniatura|260px|Moeda bizantina de 40 nummi (follis) a nome de Focas e a súa consrte Leoncia, coa característica marca de valor "M" no seu reverso.En 498, o emperador Anastasio I (491-518) emprendeu unha reforma do sistema monetario e introduciu múltiplos do nummus, con valores de 40 nummi, tamén coñecido como follis, 20 nummi (semifollis) e 10 nummi (en grego: δεκανούμμιον, decanummium)Hendy (1989). Páxina 89.. Estas moedas aparecían regularmente marcadas polos seus correspondentes numerais gregos, que indicaban o seu valor: "M" para o follis (40 nummi), "K" para a peza de 20 nummi e "I" no caso da de 10 nummi. No entanto, a emisión de moedas do nummus simple, aínda que se mantiña, era moi descontinua.Grierson (1999). Páxinas 17-18. Mediante unha nova reforma en 513, dobráronse os pesos destas moedas, introduciuse o novo valor de 5 nummi ou pentanummium (en grego: πεντανούμμιον), co numeral grego "E", e retomouse a cuñaxe regular do nummus simple."Pentanummium". En Brill Online Reference Works. 2015.Grierson (1999). Páxinas 18.Alfaro Asins, C. et al. (2009) "Medio follis", "Cuarto de follis" e "Octavo de follis"."Nummus", "Follis", "Pentanummium" e "Decanummium". En Tipos de monedas bizantinas . www.tesorillo.com.miniatura|180px|Moeda bizantina de cobre de 20 nummi (medio follis), cuñada en Cartago ca. 574-577, no reinado de Xustino II (565-578) e a súa consorte Sofía, coa marca de valor "K" no reverso. Anverso: D N IVSTINO ET [SO]FIE A[V] VITA. Peso: 9,66 g.
Entre 538 e 539, Xustiniano introduciu novos cambios nos follis de 40 nummi, ao aumentar o seu peso ata os 25 gramos, aínda que despois baixou novamente ata 22,5 gramos entre 541 e 542, ao que seguiron novas reducións ata a fin dese século. Nesa época apareceu tamén o novo valor de 30 nummi, marcado con "Λ" ou "XXX"), e cesou a cuñaxe do nummus simple nos obradoiros monetarios de Constantinopla, aínda que se mantivo durante o século VII no Exarcado de Cartago.Grierson (1999). Páxinas 18-19.
Durante o século VII, as sucesivas crises militares e financeiras levaron consigo a redución nos pesos e unha salientable deterioración da calidade das cuñaxes, ata o punto de que o follis (40 nummi) chegou a pesar só tres gramos en tempos do emperador Constante II (641-668), coa consecuencia da desaparición dos valores inferiores ao semifollis (20 nummi). A partir dese momento, o termo nummus ficou en uso só como unidade de conta para a cantidade de 6.000 unidades por sólido e, no uso coloquial, como expresión sinónima de "cambio pequeno".Grierson (1999). Páxinas 19.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda bizantina Cecas bizantinas Moeda da Antiga Roma Moeda da Antiga Grecia Follis
Bibliografía Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. 2ª edición. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores). Grierson, Philip. Byzantine Coins. Methuen. Londres, 1982. ISBN 978-0-416-71360-2 Grierson, Philip. Byzantine coinage. Dumbarton Oaks. 1999. ISBN 978-0-88402-274-9 Hendy, M. Studies in the Byzantine Monetary Economy c.300-1450. Cambridge University Press, 1985. ISBN 0-521-24715-2 Hendy, M. The economy, fiscal administration and coinage of Byzantium. Londres, 1989. ISBN 0860782530 Kazhdan, Alexander Petrovich, ed. The Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford University Press, 1991. ISBN 978-0-19-504652-6 Sabatier, Justin. Description générale des monnaies byzantines frappées sous les Empereurs d'Orient. 2 vol. París, 1862
Ligazóns externas
"Nummus". Catálogo con imaxes e descricións en Coin Archives Moedas bizantinas catalogadas por orde cronolóxica de emperadores Moedas bizantinas catalogadas segundo a o bran de Sear: Byzantine Coins & Their Values Digital Library Numis (bibliografía en liña de numismática bizantina)
Categoría:Moedas do Imperio Bizantino Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas fóra de curso