A Europa continental, tamén chamada continente europeo, é o continente de Europa, explicitamente excluíndo as illas europeas, e, ás veces, as penínsulas. Notabelmente, no uso do inglés británico, o termo significa: a Europa excluíndo o Reino Unido, a Illa de Man, Irlanda e Islandia. Unha definición xeral de "Europa continental" é o continente europeo excluíndo o Reino Unido, Irlanda e Islandia. Porén, noutras rexións de Europa prevalecen ideas distintas sobre o que realmente significa a expresión.
Algunhas definicións de Europa continental expanden as fronteiras do continente para os seus límites xeográficos, incluíndo as nacións que están dentro das elevadas fronteiras dos Urais e do Cáucaso.
O que pode parecer ser unha simple cuestión de definición xeográfica, porén, ten profundas implicacións sociais e políticas. Algunhas definicións de Europa continental inclúen as nacións transcaucasianas da Xeorxia e Armenia - que son predominantemente cristiás - mentres que exclúen ao mesmo tempo as nacións predominantemente musulmás como Azerbaidján e Turquía.
Illas mediterráneas No contexto do Mediterráneo, "o continente" pode referirse á parte continental de Italia (en oposición a Sardeña e Sicilia) ou a parte continental da Francia (en oposición a Córsega).
Illas atlánticas No contexto do Atlántico, "o continente" pode referirse á parte continental de Portugal (en oposición a Madeira e os Azores).
20px - Reino Unido (Gran Bretaña e Irlanda do Norte) 20px - Irlanda (Eire) 20px - Islandia 20px - A illa de Malta 20px - A illa de Chipre 20px - Illas Feroe (pertencentes a Dinamarca) 20px - Illas Baleares (pertencentes a España) 20px - Córsega (pertencente a Francia) 20px - Sardeña (pertencente a Italia) 20px - Sicilia (pertencente a Italia) 20px - Creta (pertencente a Grecia) 20px - Bornholm (pertencente a Dinamarca) 20px - Fionia (pertencente a Dinamarca) 20px - Selandia (pertencente a Dinamarca)
Notas
Categoría:Europa