Tatiana Nikolaevna Romanova (en ), nada o e finada o 17 de xullo de 1918, foi unha gran duquesa de Rusia e segunda filla do tsar Nicolao II e a tsarina Alexandra Feodorovna.
Traxectoria Durante a primeira guerra mundial dirixiu o comité da Cruz Vermella e do mesmo xeito que a súa irmá máis vella, a gran duquesa Olga, atendeu soldados feridos nun hospital militar de 1914 a 1917, ata que foi detida xunto coa súa familia tras a Revolución rusa.
Foi asasinada por revolucionarios comunistas o 17 de xullo de 1918, o que motivou que fose nomeada «portadora da paixón» pola igrexa ortodoxa rusa, un cualificativo que define a unha persoa que enfronta a súa morte de maneira semellante a Cristo. Ademais de Olga, tiña dúas irmás máis novas, María e Anastasia, e un irmán máis novo, o tsarévich Aleksei. Por moito tempo rumoreouse falsamente que as irmás sobreviviran á execución e ducias de impostoras pretenderon ser as fillas do tsar. O escritor Michael Occleshaw especulou que unha muller chamada Larissa Tudor podería ser Tatiana; con todo, todos os Romanov foron asasinados polos bolxeviques.
Devanceiros Devanceiros de Tatiana Nikolaevna Romanova
Notas
Véxase tamén
Categoría:Finados en 1918 Categoría:Nados en 1897 Categoría:Dinastía Romanov Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Asasinados polo réxime soviético