miniatura|269x269px|Unha placa adicada a Susanna. Susanna Fontanarossa, nada en 1435 e finada en 1489, foi a nai do descubridor das Américas Cristovo Colón. Non hai certeza do día e lugar exactos onde Susanna naceu, mesmo se estaba casada con Domingo Colón, pai de Cristovo. Lugares como Quezzi, Trebbia e Gorreto foron suxeridos como lugar de nacemento. Unha teoría indica que Susanna era orixinaria da vila de Fontanarossa, por este acto pódese sacar a conclusión de que falamos de Susanna de Fontanarossa e non de Susanna Fontanarossa, vila que se atoparía nas localidades italianas de Val Bisagno ou Val Trebbia.

Probablemente contraeu matrimonio con Domingo Colón entre 1445 e 1463, e efectivamente, viviron durante anos na república de Xénova criando ós seus fillos alí. Tiveron catro fillos homes e a unha filla, quen casaria con Santiago Bavarello. Moitos suxiren que Susanna morreu en 1489; de ser así, non viviu para ver a Cristovo Colón pisar as Indias Occidentais en 1492.

Notas

Categoría:Nados en 1435 Categoría:Finados en 1489