Beatriz de Nürnberg, tamén coñecida como Beatriz de Hohenzollern (en alemán: Beatrix; nada en Nürnberg en 1362 e finada en Perchtoldsdorf o 10 de xuño de 1414, foi duquesa consorte da Austria polo seu casamento con Alberte III de Habsburgo (duque de Austria de 1348 a 1395).

Traxectoria esquerda|miniatura|250x250px|Representación de Alberte III con súas dúas esposas, Sabela (á esquerda) e Beatriz (á dereita), no Castelo de Perchtoldsdorf. Era filla de Frederico V, burgrave de Nuremberg e da súa esposa Isabel de Misnie.

O 11 de decembro de 1374 asinouse o contrato de matrimonio entre Beatriz e Alberte, fillo de Alberte II de Austria e de Xoana de Pfirt, en Passau, na actual Baviera. Casaron algúns meses despois o 4 de marzo de 1375, en Viena.

A primeira esposa do duque foi Sabela da Bohemia, filla do emperador Carlos IV, que morreu en 1373, sen ter fillos. Beatriz gobernou como duquesa a carón da súa cuñada, Viridis Visconti, esposa de Leopoldo III. En 1379, deixou de ser duquesa de Austria, a consecuencia do Tratado de Neuburgo, nos cales as terras foron divididas entre o seu marido e o irmán, Leopoldo III. Leopoldo ficou coa Austria Anterior, alén doutros dominios xa incorporados (Estiria, Carintia e Carníola), e Alberte quedou coa Alta Austria e a Baixa Austria.

O duque e a duquesa tiveron só un fillo, o duque Alberte IV de Austria, quen casou en 1390 con Xoana Sofía de Baviera.

Faleceu o 10 de xuño de 1414, en Perchtoldsdorf, na Baixa Austria. Foi enterrada na Catedral de Santo Estevo, en Viena.

Descendencia Alberte IV de Austria (19 de setembro de 1377 – 14 de setembro de 1404), sucesor do pai. Foi marido de Xoana Sofía da Baviera, con quen tivo dous fillos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1362 Categoría:Nados en Núremberg Categoría:Finados en 1414 Categoría:Casa de Habsburgo Categoría:Casa de Hohenzollern