Calaf é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca de Anoia. É así mesmo a capital da subcomarca coñecida como Alta Segarra ou Segarra calafina e está situado nos chairos de Calaf. Inclúe o núcleo de La Pineda.
Historia A Batalla de Calaf foi unha das batallas da Guerra civil catalá que tivo lugar o 28 de febreiro de 1465 entre o exército de Pedro de Portugal, que comandaban Jofre de Rocabertí i de Montcada xuntamente con Bernat Gilabert II de Cruïlles contra os partidarios de Xoán o Grande comandados polo aragonés Fernando de Rebolledo e Joan Ramon Folc IV de Cardona, e que acabou con vitoria real.
Demografía Conta cunha poboación de 3566 habitantes (INE 2023).
Comunicacións 300px|miniatura|esquerda|Calaf desde a estrada C-25 A el chégase a través da autovía A-2 que vai de Barcelona a Lleida, ou pola estrada C-25 de Xirona a Lleida, pola liña ferroviaria de Renfe Operadora desde Manresa a Lleida, e pola estrada C-1412 desde Igualada a Ponts. Por aire, pódese acceder desde o Aeródromo de Calaf-Salavinera.
Lugares de interese Ruínas do castelo de Calaf, que dominan ao pobo desde a cima montañosa. Igrexa de Sant Jaume, de estilo gótico. Ermida de Sant Sebastià Convento de Sant Francesc Antigo Hospital, actual Centre Cívic de Calaf
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona