Närpes (en finés Närpiö) é unha cidade de Finlandia situada na rexión de Ostrobotnia. En 2017 a súa poboación era de 9.502 habitantes. A superficie do termo municipal é de 2.334,14 km2, dos cales 1.348,68 km2 son auga. O concello ten unha densidade de poboación de 9,72 hab./km².

Limita cos municipios de Kaskinen, Korsnäs, Kristinestad, Malax, Kurikka e Teuva, estes dous últimos na rexión veciña de Ostrobotnia do Sur.

O concello é bilingüe con maioría de poboación de fala sueca e minoría finesa.

Cidades irmandadas Närpes está irmandada con::

Akranes, Islandia Bamble, Noruega Tønder, Dinamarca Västervik, Suecia

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de municipios de Finlandia nos que o finés non é a única lingua oficial

Ligazóns externas Sitio web de Närpes

Categoría:Cidades de Ostrobotnia