Evelyn Fox Keller, nada en Nova York en 1936 e finada o 22 de setembro de 2023, foi unha física, autora e feminista estadounidense. En 2016 traballou como Profesora de Historia e Filosofía da Ciencia no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Tamén foi profesora da Universidade de Nova York e do departamento de retórica da Universidade de California, Berkeley.
Traxectoria Keller licenciouse en Física na Universidade de Brandeis en 1957 e continuou os seus estudos en Física Teórica na Universidade Harvard onde obtivo o seu doutoramento en 1963.
Como sinala Eulalia Pérez Sedeño "O seu doutoramento en físicas non foi un camiño de rosas, dado as poquísimas mulleres que cursaban esa disciplina e os prexuízos da época. O acoso e as bromas sexistas por parte de profesores e compañeiros fixeron que se tomase un descanso antes de concluír a súa tese".
Keller comezou a interesar pola bioloxía molecular durante unha visita que realizou ó Cold Spring Harbor Laboratory onde completaba a súa defensa de tese doutoral. O seu traballo posterior centrouse na historia e filosofía da bioloxía moderna, así como nos Estudos de ciencia, tecnoloxía e xénero.
Notas
Véxase tamén Bibliografía A Feeling for the Organism: The Life and Work of Barbara McClintock. Freeman, 1983. Reflections on Gender and Science. Yale University Press, 1985. Three cultures : fifteen lectures on the confrontation of academic cultures, The Hague : Univ. Pers Rotterdam, 1989. Secrets of Life/Secrets of Death: Essays on Language, Gender and Science. Routledge, 1992. Refiguring Life: Metaphors of Twentieth-century Biology. The Wellek Library Lecture Series at the University of California, Irvine. Columbia University Press, 1995. Keywords in Evolutionary Biology (co-edited with Elisabeth Lloyd). Harvard University Press, 1992 (reprinted 1998 ISBN 0-674-50313-9). The Century of the Gene. Harvard University Press, 2000. Making Sense of Life : Explaining Biological Development with Models, Metaphors, and Machines. Harvard University Press, 2002.
Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Finados en 2023