O Airbus A330neo ("neo" de "New Engine Option") é un avión de pasaxeiros de fuselaxe ancha de Airbus. É un desenvolvemento do Airbus A330 (agora A330ceo, de "Current Engine Option"). Os clientes do A330ceo solicitaron unha nova versión do avión con modernos motores desenvolvidos para o Boeing 787. O A330neo foi lanzado o 14 de xullo de 2014 durante o Farnborough Airshow, coa promesa de aforrar un 14% de combustible. O avión vai usar exclusivamente o motor Rolls-Royce Trent 7000. As súas dúas variantes están baseadas no A330-200 e -300: a -800 debería alcanzar os 13 900 km con 257 pasaxeiros, mentres que o -900 tará un alcance de 12 130 km con 287 pasaxeiros. O -900 realizou o seu primeiro voo o 19 de outubro de 2017 e será introducido por TAP Portugal a mediados de 2018.
Desenvolvemento Estudos No lanzamento do Boeing 787 en 2004, a resposta de Airbus foi nun primeiro momento un A330 mellorado, pero despois da resposta negativa das aeroliñas o A350 XWB converteuse nun novo deseño en 2006. Despois do lanzamento do A320neo en decembro de 2010 e do seu éxito comercial o presidente de Air Asia Tony Fernandes dixo que lle gustaría que Airbus remotorizase o A330. Novos motores como o General Electric GEnx ou o Rolls-Royce Trent 1000 desenvolvidos para o 787 poderían ofrecer un 12%-15% menos de consumo, e os sharklets polo menos un 2%.
O argumento de John Leahy, o xefe de vendas de Airbus, é que o menor prezo de compra do A330 incluso sen novos motores fai que mercar un avión deste modelo sexa competitivo en rutas de alcance medio co Boeing 787. Un A330neo podería acelerar a desaparición do A350-800, cun tamaño moi semellante. Airbus tamén está considerando remotorizar o A380, pero non quere ter dous grandes programas de modificación simultaneamente.
En marzo de 2014 Delta Air Lines estaba interesada en substituír os seus Boeing 767-300ER. No mercado dos 250-300 asentos, o CIT Group cre que un A330neo permite a rendabilidade en alcances máis curtos onde os A350 e Boeing 787 non están optimizados. Steve Mason, vicepresidente de CIT para análise de avións, dixo que "o A350-800 non é tan eficiente como a eles lles gustaría". Steven Udvar-Hazy, presidente de Air Lease Corp., dixo, “Non cremos que sexa racional para nos coller o A350-800 e o A330neo [...] Non vexo ao A350-800 sobrevivindo se fan o A330neo”.
Os voos de AirAsia X a Londres e París dende Kuala Lumpur foron rexeitados no ano 2012 xa que o Airbus A340 non eran o suficientemente eficientes; AirAsiaX intentouno novamente cos A330. Cando Airbus aumentou gradualmente a produción do seu novo A350, a prolongación da fabricación do A330 podería axudar a manter os beneficios. Cando Emirates cancelou 70 pedidos do A350, Airbus dixo que continuaría os traballos de remotorizacións do máis pequeno A330.
Lanzamento miniatura|250px|O motor Trent 7000 nun A330neo O 14 de xullo de 2014 no Farnborough Airshow Airbus lanzou o programa A330neo que estaría equipado co novo motor Rolls-Royce Trent 7000. Este mellorá o consumo de combustible nun 14% por asento. Airbus agarda vender 1 000 unidades do A330neo. O seu alcancé incrementarase en 740 quilómetros e aínda que o 95% das súas partes serán comúns ao A330ceo, os custos de mantemento serán menores. A súa aerodinámica mellorarase nun 4% con novos winglets estilozados do A350 XWB de 3,7 metros de ancho, aínda dentro da categoría E dos requirimentos aeroportuarios da ICAO, e novos píos para os motores.
Os seus custos de desenvolvemento estímanse nuns 2 000 millóns de dólares. Airbus cre que os custos máis baixos fan do A330neo o avión de fuselaxe ancha de alcance medio máis eficiente do mercado. O fabricante di que pode conseguir a demanda para 4 000 avións e que hai un mercado aberto para 2 600 aparellos que aínda non están atendidos por atrasos con operadores que xa usan o A330.
En 2014 Ed Greenslet de The Airline Monitor dixo que o A330neo tería a vantaxe de non ter sido deseñado para voar 8 000 millas náuticas, a diferenza dos A350 e Boeing 787 que eran así menos rendibles en rutas máis curtas, a pesar de que "a gran maioría dos mercados de longo alcance é de 4 000 mn ou menos". Greenslet tamén cría que o "A330neo gozaría dun monopolio no seu segmento inmediatamente", ao estar o Boeing 767 "esencialmente fóra de produción, o Boeing 757 sen substituto, e ao ser o A321neo e o 737-9 máis pequenos e ter menos alcance, ademais de facerse comercado do máis pequeno A350-800.
Fabricación O 7 de setembro de 2015 Airbus anunciou que comezara a fabricación do primeiro A330neo coa construción da primeira caixa central das ás e do primeiro pío de motor. A montaxe final do avión, un A330-900, iniciouse en setembro de 2016 na factoría de Tolosa. En decembro dese ano o programa atrasouse seis semanas debido a problemas no desenvolvemento do motor por parte de Rolls-Royce, e o cliente de lanzamento, TAP Air Portugal, proxectou que o seu primeiro A330neo sería entregado en marzo de 2018.
O primeiro avión abandonou o taller de pintura en decembro de 2016, agardando polos seus motores. O seu voo de estrea adiouse ata setembro de 2017 despois da instalación do Rolls-Royce Trent 7000 durante o verán. Os motores enviáronse a Airbus en xuño e o avión presentouse xa completado en Tolosa antes do seu primeiro voo.
As principais estruturas do primeiro A330-800 comezaron a fabricarse en outubro de 2017: os dispositivos hipersustentadores instálanse nas ás en Bremen, as seccións da fuseláxe fabrícanse en Hamburgo, a caixa central das ás en Nantes, os píos de titanio dos motores en Tolosa, e os sharklets das puntas das ás en Corea do Sur. A súa montaxe final comezou en novembro de 2017 e a montaxe estrutural rematou en febreiro de 2018, a falta da instalación dos motores para iniciar o seu programa de probas de 300 horas. A fabricación do aparello rematou coa instalación do primeiro interior de cabina 'Airspace'.
A produción do A330 reduciuse a 50 entregas en 2019, sendo máis da metade deles A330neo. En abril de 2020 o ritmo de fabricación baixou de 3,5 a 2 por mes debido ao impacto da pandemia por coronavirus na aviación, e os avións rematados almacenáronse mentres agardaban polas súas entregas.
Notas
Categoría:Aeronaves de Airbus Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 2017 Categoría:Aeronaves de pasaxeiros