Svealand ou (raramente ou historicamente) Suecia verdadeira é a rexión central histórica de Suecia. Está situada no centro sur do país e é unha das súas tres grandes rexións históricas, limitando ao norte con Norrland e ao sur con Götaland. Os profundos bosques de Tiveden, Tylöskog e Kolmården separaban Svealand de Götaland. Historicamente os seus habitantes eran chamados Svear.

Svealand está composta da rexión capital de Mälardalen no leste, Roslagen no nordés, o antigo distrito mineiro de Bergslagen no centro e Dalarna e Värmland no oeste.

O antigo nome de Sueia en sueco, Svea rike (en ortografía moderna: Sverige) ou o "reino dos suecos", orixinalmente só se refería a Svealand. A forma en antigo nórdico é Svíþjóð. A medida que os dominios dos reis suecos foron medrando, o nome Svealand comezou a usarse para separar o territorio orixinal do novo.

Provincias Svealand estaba formada polas seguintes seis provincias: Dalarna Närke Södermanland Uppland Värmland Västmanland 48px|Dalarna 48px|Närke 48px|Södermanland

48px|Uppland 48px|Värmland 48px|Västmanland

Estocolmo, a capital sueca, está situada tanto en Uppland como en Södermanland, e na rúa Västerlånggatan, na cidade vella (Gamla stan), atópase unha pedra que limitaba ámbalas dúas provincias.

Categoría:Rexións históricas de Suecia