Marjorie Ogilvie Anderson, nada en St Andrews o 9 de febreiro de 1909 e finado o 27 de maio de 2002, foi unha historiadora e paleógrafa escocesa.
Traxectoria Asistiu ó St Leonards School antes de estudar inglés en Lady Margaret Hall, Universidade de Oxford. Despois de graduarse, uniuse a Alan Orr Anderson, cuxa visión estaba a fallar, como a súa paleógrafa e asistente. Casaron en 1932. Alan Anderson morreu en 1958, pero Anderson continuou a publicar sobre temas escoceses, sendo a máis notable Kings and Kingship in Early Scotland e a súa revisión de Early Sources of Scottish History, escrito por Alan Anderson e publicado por vez primeira en 1922.
Escolma de obras (con Alan Orr Anderson) The Chronicle of Holyrood, Edimburgo, 1938. (con Alan Orr Anderson) Adomnan's Life of Columba, Edimburgo 1961 (revisado Oxford, 1991) Kings and Kingship in Early Scotland, Edinburgh, 1973 (revisado Edimburgo, 1980) (editor) Anderson, Alan Orr, Scottish Annals from English Chroniclers: AD 500–1286, 2nd edition, Stamford, 1990.
Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Historiadores de Escocia