Alba González Villa, nada en Madrid o 27 de outubro de 1986, é unha actriz española, máis coñecida polo seu nome artístico Alba Flores. É coñecida por interpretar os personaxes de Saray en Vis a vis e Nairobi en La casa de papel.

Traxectoria Alba Flores é a única filla do músico e compositor Antonio Flores, quen lle dedicou unha canción co seu nome, e Ana Villa, produtora de teatro. Á súa vez é neta de Lola Flores, sobriña das tamén cantantes Lolita Flores e Rosario Flores e curmá da actriz Elena Furiase.

Estudou interpretación dende os trece anos de idade, deixando nun segundo plano a faceta musical dos seus ascendentes. Na súa curta vida coma actriz realizou numerosas obras, aínda que as máis trascendentes a nivel dos medios son Luna de miel en Hiroshima (2005) e a versión xitana de Sueño de una noche de verano (2007).

Debutou no cine coa película El Calentito (2005), de Chus Gutiérrez, con Verónica Sánchez, Ruth Díaz, Macarena Gómez, Estíbaliz Gabilondo e Lluvia Rojo entre outros intérpretes.

En televisión participou nun episodio da serie El comisario, no ano 2006. En 2008, conseguiu un papel na serie de Antena 3 TV El síndrome de Ulises. A finais dese mesmo ano comezou o musical Enamorados anónimos.

En 2009 gravou o tema do seu pai No puedo enamorarme de ti, para a banda sonora do filme de Roberto Santiago Al final del camino, protagonizada por Malena Alterio e Fernando Tejero.

En 2013 estrenou na cadea Antena 3 a serie El tiempo entre costuras, na que dá vida á personaxe de Jámila. En 2014 participou nun capítulo da serie de TVE Cuéntame cómo pasó coma Chelo, unha importante testemuña dunha trama de policías corruptos. En 2015 pasou a formar parte da nova serie de Antena 3 Vis a vis, onde interpreta a Saray Vargas, unha xove de etnia xitana que se enfronta a unha pena de 4 anos de cárcere por asalto con violencia.

O 25 de abril de 2017 apareceu xunto a Úrsula Corberó no programa de televisión El hormiguero para promover o seu último proxecto, La casa de papel, que se estreou o 2 de maio de 2017.

En 2025 protagoniza o documental Flores para Antonio, dirixido por Isaki Lacuesta e Elena Molina.

Filmografía Filmes Ano Título Personaxe Director 2005 El Calentito Amaya Chus Gutiérrez 2006 Los managers Moza do cásting Fernando Guillén Cuervo 2015 La memoria del agua Carmen Matías Bize 2021 Las cartas perdidas Amparo Climent 2023 Te estoy amando locamente Lole Alejandro Marín

Series de televisión Ano Título Canle Personaxe Notas 2006 El comisario Telecinco Sohara 1 episodio 2008 El síndrome de Ulises Antena 3 Arabia Salazar 1 episodio2013 Vicente Ferrer La 1 de TVE Shamira Telefilme El tiempo entre costuras Antena 3 Jámila 5 episodios 2014 Cuéntame cómo pasó La 1 de TVE Chelo 1 episodio 2015 - 2019 Vis a vis Antena 3 / FOX España Saray Vargas de Jesús 39 episodios 2017 - 2021 La casa de papel Antena 3 / Netflix Ágata Jiménez «Nairobi» 40 episodios 2020 Vis a vis: El Oasis FOX España Saray Vargas de Jesús 1 episodio 2021 Maricón perdido TNT España Lola 4 episodios 2022 Sagrada familia Netflix Caterina 8 episodios

Teatro Ano Título Autor/a Director/a2016 La rosa tatuada Tennessee Williams Carme Portaceli Drac Pack Najwa Nimri, Emilio Tomé e Carlos Dorrego Fernando Soto 2017 Troyanas Eurípides, versión de Alberto Conejero Carme Portaceli 2019 La excepción y la regla Bertolt Brecht Catalina Lladó2021Shock 2 (La Tormenta y la Guerra)Albert Boronat, Juan Cavestany, Andrés Lima e Juan MayorgaAndrés Lima

Premios

Premios Ondas Ano Categoría Película Resultado 2015 Mellor intérprete feminino en ficción (ex aequo elenco feminino) Vis a vis Gañadora

Premios da Unión de Actores Ano Categoría Película Resultado 2015 Mellor actriz secundaria de televisión Vis a vis Nomeada

Premios Feroz Ano Categoría Película Resultado 2016 Mellor actriz secundaria nunha serie Vis a vis Nomeada 2017 Mellor actriz secundaria nunha serie La casa de papel Gañadora

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Españois de ascendencia xitana