A selección de fútbol de Tunisia (en , en ) é o equipo representativo de Tunisia nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está baixo a responsabilidade da Federación Tunisiana de Fútbol (الجامعة التونسية لكرة القدم, Fédération Tunisienne de Football), afiliada á Confederación Africana de Fútbol (CAF) e á Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA).
Historia Tunisia clasificouse a cinco Copa do Mundo, sendo a primeira Arxentina 1978, aínda que até a data non lograron superar a primeira rolda. Malia isto, fixeron historia ao converterse no primeiro equipo africano en gañar un partido neste torneo após venceren a por 3−1 en 1978. Nese mesmo torneo, tamén conseguiron un empate 0−0 con , campión defensor. Tras isto, tomoulles 20 anos para regresar a unha fase final, ao participar en Francia 1998 e despois en Corea do Sur e o Xapón 2002. Tunisia tamén particopou nos mundiais de Alemaña 2006 e Rusia 2018. Nesta edición conseguiron a súa segunda vitoria nun Mundial após gañar 1−2 a
A nivel continental, Tunes foi campión da Copa Africana de Nacións en 2004, cando foron anfitrións do torneo, o que lles deu o dereito a participar na Copa FIFA Confederacións 2005 en Alemaña onde ficaron en primeira fase.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Federación Tunisiana de Fútbol
Categoría:Fútbol en Tunisia