Maurizio Polsinelli, nado en Roma o 15 de decembro de 1972 e residente en Galicia, é un pianista, compositor, intérprete de harmonio e órgano, escritor, tradutor e profesor de italiano.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade III de Roma e formado no conservatorio de música Santa Cecilia de Roma.

En Roma traballou como pianista clásico en varias agrupacións musicais, foi organista e intérprete de harmonio durante máis de 20 anos e cofundador do grupo de rock progressive Pane. Do 2009 é o disco Corde e martello, dúo piano e voz con Claudio Orlandi.

Reside en Galicia desde 2013 onde é profesor de italiano en varias institucións públicas e privadas e exerce de intermediario en programas Erasmus con Italia. Compón para piano, harmonio, piano e voz e tamén é arranxador musical.

É poeta en galego con O deber do lume: "unha especie de biografía lírica que está claramente contaminada polo eu poético, pola miña infancia na Roma máis urbana e pola miña memoria e experiencia persoal dos lugares onde ela se criou".

Discografía con PANE Pane, 2003 Tutta la dolcezza ai vermi, 2008

Orsa Maggiore, 2011 Dismissione, 2014

Traballos con 2naFronteira 2naFronteira é un dúo composto por el e Carmen Penim, o dúo creouse no 2008, cando ambos os dous inician a súa andaina xuntos en Italia, onde Carmen estaba a estudar canto.

Adoita tocar a versión portable do harmonio no proxecto "A voz da pedra" con 2naFronteira, conseguindo,  unha particular conexión coa tradición folclórica galega. O proxecto inclúe tamén unha operación de recuperación deste instrumento.

Discografía Humo en los ojos. Italia, 2011. Alma (CD), 2013

Zapatiños para Díaz Castro (CD), 2014. Quince poemas musicados. Sons de Nós (CD), 2015. Arredor de Nós. Concerto sobre a Xeración Nós polo seu centenario.

Proxectos Federico García Lorca. Amando en galego, 2011. Os Seis poemas galegos musicalizados. Os olhos de Pessoa. Autopsicografía, 2014. Seis poemas de Fernando Pessoa musicalizados.

A voz da pedra, 2015. Concerto para as igrexas, a recuperación do harmonio de igrexa para uso concertístico a través do proxecto. Rosalía de Castro, 2017. Poemas de Cantares gallegos musicalizados.

Obra literaria Poesía O deber do lume (2022). A Coruña: Editorial Medulia. Prólogo de Xosé María Álvarez Cáccamo. 80 páxs. ISBN 978-84-19438-21-8.

Cartografía dos tránsitos (2023). Tris Tram.

Premios e recoñecementos

2004: Mellor instrumentista no  Premio Nazionale Un Giorno Insieme - Città di Sulmona. 2005: XIX Premio Pavanello, xunto co grupo de rock progresivo PANE.

2013: O relato "Paola T." é seleccionado no III concurso literario "Il volo di Pegaso". 2016: Xuíz honorario do Couto Mixto, xunto a Carmen Penim, polo traballo de 2naFronteira. 2021: Finalista no III Premio de Poesía. Florencio Delgado Gurriarán con "Eu fun o meteorito". 2022: Finalista no IV Premio de Poesia Eduardo Pondal, con O deber do lume. 2022: IV Certame de poesía Torre de Caldaloba con Cartografía dos tránsitos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Presentación de O deber do lume.

Categoría:Nados en Roma Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Nados en 1972 Categoría:Pianistas de Galicia Categoría:Organistas Categoría:Pianistas de Italia