Juan Otero García, nado en Portas o 6 de maio de 1934 e morto en Ribadumia o 17 de maio de 2019, foi un escultor e pintor galego, coñecido co pseudónimo de Eiravella, que toma da súa aldea natal.
Traxectoria Por completo autodidacta, cultivou indistintamente a pintura e a escultura. Residiu algúns anos en Bélxica, concretamente en Malinas, onde deixou unha extensa obra. Viaxou por Europa.
Obra
EiravellaEiravella. Afundación. foi un pintor de liña inxenuista, que parece se inspira en vellos manuscritos e en ilustracións de libros piadosos. Quizais poida emparentárselle con Chagall, aínda que o anxélico das súas escenas imposibles, con seres que levitan ou que transitan o espazo, arquitecturas ingrávidas e transparentes, mundos soñados, son por completos persoais, de execución simple ou mellor, simplificada, a base dun debuxo elemental e dun cromatismo delicado. A escultura deste artista parte directamente do románico e aínda, das formas ibéricas. Liñas curvas, volumes rotundos, dozura nas expresións, deliberada desproporción dos canons, danlle unha personalidade inconfundible. Son magníficas as súas tallas directas, posto que posúe un gran dominio da artesanía, e ciceis e buxardas logran no granito texturas exquisitas. Igualmente as súas madeiras ou marfiles son criaturas dun mundo entrevisto.
Eiravella"Eiravella, el encanto ingenuo", La Voz de Galicia, 18 de outubro de 2005 . talla a pedra como os devanceiros que traballaban ás ordes do mestre Mateo ou, seica mellor, como os que deixaron polos camiños de Galicia eses cruceiros e petos de ánimas onde están as máis fermosas raíces da alma galega eterna, imperecedoira. Os seus soles teñen rostro, son pícaros teñen cara de lúa e as súas escenas populares parecen arrincadas dunha panxoliña.
En 1961 a raíz da Exposición Mundial do Románico, nace a primeira obra do que será O Camiño de Santiago Luz de EstrelasAguilar, A. (2013): Chimán un traballo de máis de trescentas esculturas que ao longo de máis de 35 anos conforman este proxecto utilizando mandíbula de cachalote, materia guindada nos acantilados próximos ás factorías baleeiras.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía VV.AA. Fragmentos de críticas. Interars.
Ligazóns externas Juan Otero Eiravella Páxina persoal . . Bibliografía en PintoresGallegos.com . 20px Eiravella (2017).
Categoría:Nados en Portas Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Pintores de Galicia