Dicondylia é un grupo que inclúe todos os insectos excepto os Archaeognatha. Os membros de Dicondylia teñen unha mandíbula unida por dúas articulacións á cápsula da cabeza (son dicóndilos), a diferenza da mandíbula orixinal máis primitiva que ten unha soa articulación (monocóndilos).

Mandíbula dicóndila e outras características O taxon distínguese pola posesión dunha mandíbula modificada cunha canle de articulación adicional, que tamén cambia as insercións musculares das pezas bucais e permite un movemento modificado da mandíbula comparada con outras mandíbulas de artrópodos (crustáceos, miriápodos, arqueógnatos). A denominada mandíbula dicóndila ten dúas articulacións por medio das cales se une á cápsula da cabeza, mentres que outros taxons teñen unha soa articulación.Merkmale nach Klausnitzer 1997.Ward C. Wheeler, Michael Whiting, Quentin D. Wheeler, James M. Carpenter: The Phylogeny of the Extant Hexapod Orders. Cladistics 17, 2001; S. 113–169. (PDF).

Ademais desta característica principal, todos os membros de Dicondylia teñen outras características comúns. Teñen unha sutura occipital continua e unha articulación adicional entre as patas superiores e inferiores. Na base do tubo ovipositor teñen un esclerito adicional, chamado gonángulo, que lles permite mellorar a coordinación do movemento das gonapófises. Ademais, todos estes insectos teñen un tarso formado por cinco pezas e presentan estilos no máximo nos dous últimos segmentos abdominais. Outra característica común ten que ver co desenvolvemento embriolóxico: todos os Dicondylia forman unha cavidade amniótica pechada arredor do embrión, producindo dúas cubertas embrionarias completas (o amnio e a serosa).

Sistemática Os Dicondylia inclúen todos os insectos voadores (Pterygota) e os Zygentoma (lepisma etc. non voadores) que anteriormente estaban clasificados xunto cos Archaeognatha na antiga orde agora desbotada dos Thysanura.

O taxon Dicondylia contén os seguintes grupos de insectos:Systematik nach Klausnitzer 1997.

Hymenoptera (formigas, abellas) Coleoptera (escaravellos) Lepidoptera (bolboretas) Blattodea (cascudas) Diptera (moscas) Siphonaptera (pulgas) Zygentoma (lepismas) Ephemeroptera (efémeras) Odonata (libélulas) Plecoptera Embioptera Notoptera Dermaptera (cadelas de frade) Mantodea (barbantesas) Phasmatodea (insectos pau) Orthoptera (saltóns, grilos) Zoraptera Psocoptera Phthiraptera (piollos) Thysanoptera (trips) Hemiptera (chinches, cigarras, áfidos) Raphidioptera Megaloptera Neuroptera Strepsiptera Trichoptera Mecoptera

Notas

Véxase tamén Bibliografía Bernhard Klausnitzer: Insecta (Hexapoda), Insekten In Westheide, Rieger (Hrsg.): Spezielle Zoologie Teil 1: Einzeller und Wirbellose Tiere. Gustav Fischer Verlag, Stuttgart, Jena 1997; S. 626f.

Categoría:Insectos