Os paxtos, noutras fontes tamén chamados pashtusEntrada pashtu na Diciopedia do século 21 ou pashtosEntrada pashto no Digalego (en Pax̌tānə; singular masculino: پښتون Pax̌tūn, feminino: پښتنه Pax̌tana), son un grupo étnico iranioOral Literature of Iranian Languages: Kurdish, Pashto, Balochi ..., Volume 18 : page 89 que viven principalmente en Paquistán e Afganistán. Falan a lingua paxta e practican o pashtunwali, que é o seu código de conduta ético e tradicional. A etnoxénese do grupo étnico paxto non está claro pero os historiadores teñen referencias de pobos antigos chamados pakthas (Pactyans) entre o II e I milenio a. C., que poden ser os seus devanceiros. A súa historia sempre se cinguíu ó territorio dos actuais estados de Paquistán e Afganistán.
Globalmente, estímase que os paxtos roldan os 50 millóns de persoas, pero non existe unha cifra máis exacta pola falta de censo oficial en Afganistán dende 1979. A maioría dos paxtos viven na rexión chamada Paxtonistán, que foi dividida en dous dende que os británicos impuxeron a liña Durand. Tamén existen significativas comunidades paxtas na diáspora, nas cidades de Sind e o Panxab en Paquistán, en particular Karachi e Lahore. Unha recente diáspora paxta desenvolveuse nos estados árabes do Golfo Pérsico, principalmente nos Emiratos Árabes Unidos. Os paxtos son unha significativa minoría en Paquistán, onde forman o segundo meirande grupo étnico, ou o 15% da poboación. Como o principal grupo étnico de Afganistán (onde representan entre o 42% e o 60% da poboación), os paxtos foron o grupo etnolingüístico dminante durante máis de 300 anos. Durante a era do Sultanato de Delhi, a dinastía Lodi dos séculos XV e XVI substituíu brevemente os gobernantes do norte da India, até que Babur depuxo a dinastía Lodi. Outros paxtos loitaron contra a dinastía safávida e contra o Imperio Mogol antes de obter un estado independente a comezos do século XVIII, que comezou coa exitosa revolución de Mirwais Hotak seguida da conquista de Ahmad Shah Durrani.
Notas
Categoría:Grupos étnicos de Afganistán Categoría:Grupos étnicos de Paquistán