Phaldut Sharma, nado en Londres en 1961,Ficha de Paul Sharma na páxina web Company Director Check. é un actor e bailarín británico tamén coñecido como Paul Sharma. Salientan as súas interpretacións de Rajiv en Roger Roger e a A.J. Ahmed na serie EastEnders.

Traxectoria Sharma é fillo de indios güianeses hinduístas. Cando tiña seis anos de idade, a súa familia mudouse de Londres a Bassaleg ―un suburbio de Newport (Gales do Sur)―.

Estudou no Bassaleg Comprehensive, en Pontypool College e na Guildford School of Acting.

Filmografía parcial Children of Men de Alfonso Cuarón (2006) EastEnders (serie de televisión, 2012-2014) Gravity de Alfonso Cuarón (2013) Cucumber (serie de televisión, 2015) Hanna (serie de televisión, 2019) The Personal History of David Copperfield de Armando Iannucci (2019)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Londres Categoría:Actores de cinema de Gales Categoría:Actores de teatro de Gales Categoría:Actores de televisión de Gales Categoría:Británicos de ascendencia güianesa