Manohla Dargis, nada en 1961 é a principal crítica cinematográfica de The New York Times, xunto con A.O. Scott. Foi anteriormente crítica principal para Los Angeles Times, editora e crítica da sección de cine na Weekly e crítica de cine en The Village Voice, onde comezou a súa carreira en 1987. Escribiu para diversas publicacións, entre as que se inclúen Film Comment e Sight and Sound. Escribiu a monografía sobre o filme de Curtis Hanson: L.A. Confidential, para o British Film Institute e ten unha entrada en American Movie Critics: An Anthology From the Silents Until Now, un libro editado por Phillip Lopate e publicado pola editorial Library of America. Dargis creceu no East Village de Manhattan e mostrou o seu temperán amor pola cinematografía a través da asistencia regular ó St. Mark’s Cinema e ó Theater 80. Está casada co restaurador Lou Amdur.____«Manohla Dargis» (en inglés). USC.edu. Consultado o 8 de setembro de 3013.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1961