Para a moeda romana e bizantina de ouro con valor de medio sólido ou medio nomisma, ver semissis.

miniatura|Deseño dun semis cos motivos habituais da primeira época (Saturno e proa de barco), procedente da obra Kurzgefasste Anfangsgründe zur alten Numismatik (Viena, 1787), do numismático austríaco Joseph Eckhel. O semis (voz latina; plural semissis; "metade dunha unidade") foi unha moeda da Antiga Roma de bronce, de tempos da República, con peso e valor equivalentes a medio ás ou seis onzas romanas ou uncias."Semis ". En Digalego. Dicionario de galego."Semis". En Amandry, M. (dir). (2001). "Semis". En Melville Jones, J. R. (1990). "Semis". En Mateu y Llopis, F. (1946)."Semis". En Forum Ancient Coins."Semis". En Algunos tipos de monedas antiguas . www.tesorillo.com

Historia esquerda|miniatura|200x200px|Semis de bronce do ano 270 a. de C. Emitido polo obradoiro monetario de Roma a partir do século III a. de C., o semis foi unha moeda de bronce inicialmente fundida e máis tarde xa cuñada, nada como equivalente da metade do ás libral (un ás que pesaba unha libra romana, ou 324 g). Cara a 250 a. de C., o ás someteuse a unha redución do seu peso, ao pasar a preto de 260 gramos, e, consecuentemente, tanto o semis como o resto dos submúltiplos sufriron unha diminución proporcional. A partir de aí, o peso da moeda de bronce continuou nun camiño descendente, especialmente durante a segunda guerra púnica, un período marcado pola inflación e pola aparición das moedas de prata (denario e sestercio), que acabaron por marxinar a moeda de bronce.Depeyrot (2006). Páxinas 11-12.Sear (2000). Páxinas 185, 207, 211."Semis". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.

Malia estas importantes variacións sucesivas no seu peso, os motivos que caracterizaron os semis republicanos desta primeira época non variaron: Saturno no anverso e a tradicional proa dun barco no reverso, característica da moeda de bronce deste períodoAlfaro Asins, C. et al. (2009). "Semis".. Ademais, estas moedas aparecen identificadas, a modo de marca de valor, por unha letra "S" ou por seis puntos, que representan as seis onzas (das doce que compuñan unha libra).Depeyrot (2006). Páxinas 22-23."Semis". En Roman bronze coins . www.monte-romanae.com

Logo dunha existencia esporádica durante o século II a. de C., as emisións do semis acabaron por deterse no ano 82 a. de C., cando pechou o obradoiro encargado das emisións romanas de bronce. A partir de aí, autorizáronse cuñaxes provinciais para uso local en Hispania e na Gallia Narbonensis, segundo o padrón imperial romano. que continuaron ata o século I d. de C.Depeyrot (2006). Páxina 23. No ano 19 a. de C., a reforma monetaria de Augusto estableceu unha xerarquía dos valores en circulación, na que ten cabida novamente o semis, como pequena moeda, xa non de bronce, senón de cobre, destinada ao comercio local.Depeyrot (2006). Páxina 33.

A emisión de semis cesou definitivamente durante o período de Adriano (117-138).Depeyrot (2006). Páxinas 38 e 47. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Moeda da Antiga Roma Moeda provincial romana Reforma monetaria de Augusto

Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6 Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4 Burnett, Andrew. La Numismatique romaine, de la République au Haut-Empire. Errance, París, 1991. ISBN 9782903442699 Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. 2ª edición. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores). Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3 Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305 Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946. Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Londres, 1990. ISBN 978-1852640262 Sear, David R. Roman coins and their values - The millennium edition. I. Spink. Londres, 2000. ISBN 978-1902040356 Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8

Ligazóns externas

"Semis". En CoinArchives. "Semis ". En Coinage of the Roman Republic Online. www.numismatics.org Sistema monetario na República Romana Identificador de moedas da Antiga Roma Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma) La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.

Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso