Koski Tl (Tl. Koski, ”Turun läänin Koski”, en sueco Koskis) é un municipio de Finlandia situado na rexión de Finlandia Propia. En 2018 a súa poboación era de 2.353 habitantes. A superficie do termo municipal é de 192,42 km2, dos cales 0,94 km2 son auga. O concello ten unha densidade de poboación de 12,29 hab./km².

Limita cos municipios de Loimaa, Marttila, Pöytyä, Salo, Somero e Ypäjä, este último pertencente á rexión de Tavastia Propia.

O nome do municipio vén da antiga provincia provincia de Turku e Pori, denominada en finés Turun ja Porin lääni. Para diferenciar o municipio doutros tamén chamados Koski adoptouse a forma Tl xunto ao nome, do mesmo xeito que Koski Hl (da antiga provincia de Tavastia, en finés Hämeen lääni). Este último municipio mudou a súa denominación por Hämeenkoski en 1996, mais Koski Tl mantivo o seu nome.

O concello é unilingüe en finés.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web de Koski Tl

Categoría:Municipios de Finlandia Propia