Grandes esperanzas (en ) é a décimo terceira novela de Charles Dickens, e a penúltima completada. Trátase dun bildungsroman que describe o crecemento e o desenvolvemento persoal dun orfo chamado Pip. É a segunda novela de Dickens, despois de David Copperfield, en ser narrada completamente en primeira persoa. Nun comezo, foi publicada de forma seriada no xornal semanal de Dickens, All the Year Round, dende o 1 de decembro de 1860 até agosto de 1861. En outubro de 1861, Chapman and Hall publicou a novela en tres volumes.; ;
Traduciuna ó galego Isabel Soto a partir da adaptación ó castelán a cargo de José María Pérez Zúñiga, e foi publicada pola editorial Vicens Vives en 2012.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Grandes esperanzas en galego. Tradución de Moisés Barcia Rodríguez publicada baixo CC BY-NC-SA 3.0.
Categoría:Obras literarias de 1861 Categoría:Obras literarias de Charles Dickens Categoría:Novelas ambientadas en Londres Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego