Cuadernos de Estudios Gallegos é unha publicación científica, de periodicidade irregular, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC), con sede en Santiago de Compostela.
O primeiro número é de 1944. A temática da revista abrangue áreas como a prehistoria, a arte, a crítica literaria, a filoloxía ou a etnografía e refírese principalmente a Galicia. O idioma empregado é fundamentalmente o castelán. Está dirixida por Eduardo Pardo de Guevara, director do propio IEGPS, cargo que ocuparon anteriormente Francisco Javier Sánchez Cantón e Xosé Filgueira Valverde sucesivamente.
Na páxina web do Instituto pódense descargar os contidos da revista publicados a partir de 1991.
Autores Publicou artigos de, entre outros autores: Fermín Bouza-Brey, Isidro García Tato, Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo, Paulino Pedret, Vicente Risco, Francisco Javier Sánchez Cantón e Xesús Taboada Chivite.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos .
Categoría:Revistas científicas de España Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela