María Reyes Maroto Illera, nada en Medina del Campo (Valladolid) o 19 de decembro de 1973, é unha economista e política española. Foi ministra de Industria, Comercio e Turismo do Goberno de España entre 2018 e 2023, cesando para se converter en candidata do PSOE-M á alcaldía de Madrid nas eleccións municipais de maio de 2023.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Aínda que naceu en Medina del Campo, na provincia de Valladolid, os seus pais (agricultor e ama de casa) son orixinarios e residentes da tamén valisoletana localidade de Ataquines, na que pasou a súa infancia e mocidade. Fixo a secundaria nun CRA (Centro Rural Agrupado) e o bacharelato en Olmedo.

Licenciouse en economía na Universidade de Valladolid.​ Posteriormente realizou un máster en Economía e Finanzas no Centro de Estudos Monetarios e Financeiros e un posgrao en Avaliación Sanitaria e Acceso ao Mercado na Universidade Carlos III de Madrid. Nesta universidade traballou durante 18 anos como profesora do Departamento de Economía, e tamén foi membro do Instituto de Estudos de Xénero da universidade. Entre 2011 e 2013, estivo empregada na Fundación Ideas para o Progreso.

Entre 1998-2003, traballou na Fundación de Estudos de Economía Aplicada (FEDEA) como investigadora; de 2003 ao 2005, foi Directora de Proxectos en Asistencia Técnica QUASAR; entre 2005 e 2010, foi xefa de proxectos na área de Aplicación e Territorio en Analistas Financeiros Internacionais (AFI) e de 2011 a 2013, traballou na Fundación IDEAS como Responsable da Área de Economía, Sostibilidade e Benestar.

Carreira política Nas eleccións autonómicas de maio de 2015 na Comunidade de Madrid, presentouse como candidata no posto número 20 da lista do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e saíu deputada exercendo como voceira socialista na Comisión de Orzamentos, Economía, Facenda e Emprego.

O 6 de xuño de 2018, renunciou á súa acta parlamentaria na Asemblea de Madrid para tomar posesión, o 7 de xuño de 2018, como ministra de Industria, Comercio e Turismo do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.En novembro de 2022, fíxose público que sería a candidata do PSOE á Alcaldía de Madrid en 2023. Cesou como ministra o 28 de marzo de 2023 para centrarse na campaña.

Polémica No contexto da erupción volcánica da Palma en 2021, a ministra Reyes Maroto declarou que "a erupción da Palma é un atractivo turístico que podemos aproveitar". En relación a isto, a erupción de Fagradalsfjall en Islandia en abril de 2021, tamén se produciu sen vítimas e o Goberno islandés puxo en marcha unha ruta con miradoiro para que os turistas puidesen presenciar a erupción e contribuíu a recuperar o turismo un pouco despois da caída pola pandemia de COVID-19. Cómpre salientar que o val do volcán Fagradalsfjall estaba deshabitado, mentres que ao pé do volcán Cumbre Vieja existían numerosas vivendas, edificios públicos e negocios que os veciños da Palma estaban a perder a diario debido ás correntes de lava.

Posteriormente, debido ás críticas recibidas da oposición, a ministra Maroto rectificou as súas palabras. En 2022 A Palma bateu todos os récords de turistas e pernoctacións da súa historia, superando as cifras anteriores ao Covid de 2019.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en Medina del Campo Categoría:Nados en 1973 Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura Categoría:Deputados da Asemblea de Madrid polo PSOE Categoría:Deputados da X Lexislatura da Asemblea de Madrid Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Ministros do Goberno de España da XIII Lexislatura Categoría:Ministros do Goberno de España da XIV Lexislatura