Alternatiba é un partido político cuxo ámbito de actuación, segundo os seus estatutos, é Euskal Herria.Estatutos de Alternatiba : «Art. 3º. Euskal Herria é o ámbito de actuación de Alternatiba. Calquera iniciativa fóra dela enmarcarase no campo da solidariedade internacionalista ou nas relacións de cooperación entre forzas soberanas para actuar no ámbito supranacional.»​ Xurdido en 2009 por unha escisión de Ezker Batua-Berdeak, forma parte de Euskal Herria Bildu e foi membro das coalicións electorais Bildu e Amaiur.

Nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2012 tres membros de Alternatiba resultaron electos dentro da candidatura de Euskal Herria Bildu; Oskar Matute e Arturo Muñoz foron pola circunscrición de Biscaia e Diana Urrea pola de Guipúscoa.​ Máis tarde, Arritokieta Zulaika (EA) tomaría posesión do acta parlamentaria substituíndo a Arturo Muñoz.

Nas eleccións xerais de España de 2016, Oskar Matute encabezou a lista de EH Bildu ao Congreso por Biscaia, resultando elixido deputado.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Partidos políticos do País Vasco