Ida é un filme polaco de 2013 dirixido por Paweł Pawlikowski e escrito por Pawlikowski e Rebecca Lenkiewicz. Ambientado na Polonia de 1962, conta a historia dunha moza que está a piques de tomar os seus votos como unha monxa católica. Orfa dende nena por mor da ocupación alemá na segunda guerra mundial, antes de converterse en monxa debe coñecer á súa tía, o seu único parente vivo. Ela cóntalle que os seus pais eran xudeus. As dúas mulleres embárcanse nunha viaxe polas estradas do campo polaco para descubrir cal foi o final dos seus pais.

Considerada unha "obra mestra compacta" e un "filme de estrada estrañamente fermoso", "contén un cosmos de culpa, violencia e dor", aínda que os eventos históricos que motivan os eventos (ocupación alemá de Polonia, o holocausto e o stalinismo) non son directamente mencionados: "nada disto se afirma, pero todo está construído, por así decilo, na atmosfera: o país séntese morto, a poboación escasa".

Ida gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa no 2015, converténdose no primeiro filme polaco en conseguilo.

Sinopse Anna é unha noviza que viviu toda a vida nun convento e está a piques de asumir os votos. Antes diso, debe de coñecer a súa tía, a súa única parente viva, unha xuíza de vida bohemia e pasado antifascista. Ela dálle a coñecer a súa orixe xudía e o seu verdadeiro nome: Ida. Ambas irán na procura dos restos dos pais de Ida, asasinados durante a ocupación nazi na segunda guerra mundial.

Personaxes Agata Trzebuchowska como Anna / Ida Lebenstein Agata Kulesza como Wanda Gruz Dawid Ogrodnik como Lis Adam Szyszkowski como Feliks Skiba Jerzy Trela como Szymon Skiba Joanna Kulig como cantante

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Polonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo  Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua polaca Categoría:Filmes de Polonia Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Paweł Pawlikowski Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes rodados en Polonia Categoría:Filmes ambientados en Polonia Categoría:Filmes sobre o holocausto Categoría:Filmes sobre relixión Categoría:Óscar ó mellor filme internacional