Roland Greisen Moller, nado en 1972 en Odense, é un actor, compositor, profesor e comentarista social danés. Gañou en 2016 o premio Bodil ao mellor actor pola película Under sandet.

Traxectoria No ano 2000, apareceu como rapeiro na banda sonora da película infantil Mirakel baixo o sobrenome artístico de Dappa Don, xunto con Den Gale Pose, Szhirley e L. O. C. coa canción "Generation W", que posteriormente apareceu no álbum de Den Gale Pose Definitionen af en stodder  (2001).

Roland Møller medrara no ambiente criminal de Odense e estivera na cadea varias veces ata 2002, totalizando catro anos e medio de condena por dez atracosFra voldsmand til skuespiller: Danskerne peger fingre af udsatte børn , 11 de marzo de 2015, tv2.dk,. Aparece semanalmente no programa Politiradio de Radio24Syv, onde adoita falar sobre o crime e o castigo, en especial dirixíndose a mozos que están en risco de entrar no mundo da delincuencia"The rehabilitation of Roland Møller" , The Murmur. Carreira cinematográfica Tras a súa derradeira estada na prisión de Horsens en 2002 logrou un contrato como compositor do rapeiro Jokeren, entrando en contacto coa industria cinematográfica»Vis dog det unge bandemedlem, at en rigtig mand kører sine børn i børnehave« . Politiken, 25 de xaneiro de 2014Skuespiller: Jokeren var den første, der gav mig en chance , Politiken 21 de abril de 2013. En 2006 escribiu a canción "De frie købmænd"  de Jokeren e Mark Linn para a película Fidibus.

O seu debut cinematográfico foi en 2010 co drama carcerario R dirixido por Tobias Lindholm e Michael Noer. Dous anos despois, dirixiuno de novo Lindholm no multipremiado Kapringen. Pola súa interpretación en Nordvest de Michael Noer logrou o premio Bodil ao mellor actor secundario. O seu primeiro papel protagonista foi en Under sandet, interpretando ao sarxento Rasmussen, co que logrou ao premio Bodil ao mellor actor.

Filmografía FilmePapelDataRMureren2012KapringenJan Sørensen2013NordvestBjørn2013For det fælles bedsteKok2014Skammerens DatterHannes, våbenmesterens assistent 2015Under sandetSgt. Carl Leopold Rasmussen 2015En chance tilMand på klub2015UndercoverMick2016Atomic BlondeBremovych2017UnderverdenClaus2017PapillonCelier2017The CommuterJackson2018

Notas

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Cantantes de Dinamarca Categoría:Actores de Dinamarca Categoría:Nados na rexión de Syddanmark Categoría:Compositores de Dinamarca Categoría:Personalidades da radio de Dinamarca