Os neópteros (Neoptera) constitúen un grupo taxonómico de insectos no que están incluídos a maior parte dos insectos alados, concretamente aqueles que poden pregar as súas ás sobre o abdome. Este grupo contrasta coas ordes máis basais de insectos alados, chamados "paleópteros"), que non poden pregar as súas ás dese modo.
Clasificación
O taxon Neoptera foi proposto por А.М. Martynov en 1923 e 1924, na seguinte clasificación:1923 and 1924)
Pterygota división Palaeoptera orde Odonata orde Agnatha (nome correcto: Ephemeroptera) †orde Dictyoneuridea †orde Megasecoptera †orde Protodonata †orde Protephemeroidea división Neoptera subdivisión Polyneoptera superorde Orthopteroidea (Anartioptera) orde Orthoptera (nome correcto: Saltatoria) orde Plecoptera orde Dermaptera orde Embioptera orde Phasmatodea superorde Blattopteroidea (nome sénior: Pandictyoptera) orde Blattodea orde Mantodea subdivisión Paraneoptera orde Hemiptera (nome correcto: Arthroidignatha) suborde Phytophtires (nome correcto: Plantisuga) suborde Auchenorrhyncha suborde Heteroptera subdivisión Oligoneoptera
A orde Thysanoptera tiña orixinalmente unha posición sistemática incerta, e posteriormente foi atribuído aos Paraneoptera.
Posteriormente propuxéronse outras clasificacións. Segundo varios puntos de vista, Neoptera está subordinado ou ben directamente a Pterygota (como na clasificación de Martynov) ou ben a Metapterygota:
1. Pterygota Gegenbaur 1878 1.1. Ephemeroptera Hyatt & Arms 1890 1.2. Metapterygota Börner 1909 1.2.1. Odonata Fabricius 1793 1.2.2. Neoptera Martynov 1923
Filoxenia A filoxenia de Neoptera móstrase no seguinte cladograma, aínda non totalmente resolto:(Kluge 2005, Kluge 2010, Kluge 2012):
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Insectos