Las Nacionalidades, subtitulada como revista semanal, ilustrada, política e literaria foi unha revista publicada en Madrid entre o 20 de novembro de 1880 e 1882.

Traxectoria e características Editouse na tipografía de Góngora, que tamén facía de administración. Publicábase os sábados con 16 páxinas a dúas columnas e o último número foi o 57 en 1882.

O seu fundador e director foi Alejo García Moreno, e tiña unha ideoloxía republicana federal. Entre os seus contidos predominaban as biografías dos principais persoeiros republicanos do momento como Nicolás Salmerón, Francesc Pi i Margall ou Emilio Castelar e a análise das constitucións federais do mundo como a suíza, a alemá ou a estadounidense.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Números dixitalizados na Biblioteca Digital da Comunidade de Madrid Números dixitalizados na Biblioteca dixital do IES Lucus Augusti Números dixitalizados en Patrimonio.ieslucus.gal

Categoría:Revistas españolas do século XIX

Categoría:Revistas editadas en Madrid Categoría:Revistas en lingua castelá