O Defensor do Pobo (en castelán: Defensor del Pueblo) é un órgano de relevancia constitucional español que deriva da figura sueca Ombudsman (comisionado ou representante), encargado de velar polo respecto dos dereitos que o Título I (aínda que na práctica esténdese a todos os dereitos constitucionais) da Constitución de 1978 outorga ao cidadán, podendo inclusive para iso supervisar a actividade da Administración.

A figura está recollida no artigo 54 da Constitución e desenvolvida pola Lei orgánica 3/1981, de 6 de abril, del Defensor del Pueblo.miniatura|O Palacio dos Marqueses de Bermejillo del Rey, en Madrid, actual sede do Defensor do Pobo.|centro Lista de Defensores do Pobo Joaquín Ruiz-Giménez Cortés (1982–1987) Álvaro Gil-Robles (1988–1993) Fernando Álvarez de Miranda y Torres (1994–1999) Antonio Rovira (en funcións, entre 1999-2000) Enrique Múgica Herzog (2000-2010). María Luisa Cava de Llano y Carrió (en funcións, 2010-2012) Soledad Becerril Bustamante (2012-2017) Francisco Fernández Marugán (en funcións, 2017 -2021 ) Ángel Gabilondo (2021 - no cargo).

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Valedorías Categoría:Política de España