Indara Rodríguez Fernández, nada en Monforte de Lemos o 16 de xullo de 1983 e finada na Coruña o 19 de xaneiro de 2018, foi unha empresaria dedicada á organización de vodas, fundadora de El Sofá Amarillo.
Traxectoria Indara estudou tradución e interpretación, despois de desempeñar a súa profesión en varios países foi no 2011 cando despois de organizar a súa propia voda, decidiu parar e dar outro novo xiro a súa vida creando El Sofá Amarillo e comezar a organizar as vodas doutros noivos.
Pouco a pouco, o equipo de El Sofá Amarillo foi medrando e converténdose nun referente no sector dedicado á organización de vodas. Ademais, creou a escola de El Sofá Amarillo para a formación dos organizadores de vodas.
Tiña 50.000 seguidores no seu blog.
Véxase tamén Ligazóns externas El sofá amarillo
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1983 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes