dereita|miniatura|Interpretación do himno galego, Os Pinos, pola Coral de Ruada na casa-museo de Otero Pedrayo, 2018. miniatura|Bandeira de Galicia deseñada por Camilo Díaz Baliño e encomendada pola Empresa Fraga para a Coral de Ruada en 1920. A Coral de Ruada é unha histórica agrupación musical galega con sede en Ourense.
Historia Foi creada o 5 de outubro de 1918 por Xavier Prado Rodríguez “Lameiro”, Virxilio Fernández González, Julio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla.
Fixo unha rolda de concertos por América do Sur en 1931, na que Camilo Díaz Baliño foi o escenógrafo. O documental de 1937 The Spanish Earth, do holandés Joris Ivens, comeza coa interpretación por parte da Coral de Ruada da peza "Negra sombra", de Rosalía de Castro, gravada en 1929 polo selo Columbia baixo dirección de Daniel González..
En 1946 interpretaron varias cancións populares no filme Mar abierto, de Ramón Torrado.
Tivo como directores a Daniel González Rodríguez (1919-1955), Manuel de Dios (1955-1990), Bruno Fuentes, José María González Álvarez e Juan José Rumbao. Dende o ano 2009 está dirixida por Xoán Vázquez Casas.
A Coral instituíu o Premio Xavier Prado Lameiro para recoñecer o labor de persoas ou entidades distinguidas polo seu compromiso coa cultura e o folclore galegos. Por citar algún dos premiados, en 2019 foi concedido á Agrupación Cultural Cantigas e Frores (de Lugo), en 2022 a Méndez Ferrín e en 2024 á Asociación Cultural Aimil Folc (de Xinzo de Limia)..
Recoñecementos Pedrón de Ouro (1990) Medalla de Bronce de Galicia (1992)
Medalla Castelao (2013) Premio Trasalba (2018) Premios Rebulir da Cultura Galega na categoría Homenaxe (2019) Premio Otero Pedrayo (2024)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Coros galegos Ligazóns externas coralderuada.com
Categoría:Premio Trasalba Categoría:Corais polifónicas de Galicia Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:Medalla de Bronce de Galicia Categoría:Medallas Castelao