Ignacio Llovet Camp, nado o 9 de maio de 1991 en Barcelona, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga no MoraBanc Andorra da Liga ACB. Cunha estatura de 2,02 metros xoga na posición de ala-pivote.
Traxectoria profesional O 7 de xullo de 2016, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga ACB por dúas tempadas. O 26 de setembro de 2017, Llovet e o Obradoiro chegaron a un acordo para renovar o seu contrato ata o ano 2020. O 3 de xullo de 2019, Llovet decidiu executar a cláusula de rescisión do seu contrato, deixando así o club santiagués tras tres tempadas. Ese mesmo día, anunciouse a súa fichaxe polo BC Andorra da Liga ACB por tres tempadas.
O 23 de xullo de 2021, Llovet ampliou a súa vinculación co BC Andorra ata 2024.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do BC Andorra Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de España