O 13 de outubro é o 286º día do ano do calendario gregoriano (287º nos anos bisestos). Quedan 79 días para finalizar o ano.

Acontecementos 54 - en Roma, Nerón (de 16 anos de idade) é proclamado emperador, o mesmo día que morría envelenado o emperador Claudio. miniatura|100px|Escudo Reino de Galicia 1307 - En Francia, case tódolos Cabaleiros Templarios son detidos durante a noite, por orde do rei Filipe IV o Fermoso. Cinco anos despois a Orde foi extinguida. 1623 - O reino de Galiza recupera o seu voto en Cortes. 1792 - Colócase a primeira pedra da Casa Branca, en Washington, sede oficial do presidente dos Estados Unidos de América. 1906 - Celébrase, en Barcelona, o primeiro Congreso Internacional da Lingua Catalá. 1946 - Francia adopta a Constitución da Cuarta República. 1946: Comeza a guerra pola independencia de Indonesia

Nacementos miniatura|100px|Luís Tosar 1857 - Eduardo Vincenti, político galego (m. 1924). 1886 - Roberto Padín Rodríguez, debuxante, humorista e pintor galego (m. 1979). 1906 - Antonio Seoane, guerrilleiro antifranquista galego (m. 1948). 1921 - Yves Montand, actor e cantante francés. 1924 - Roberto Eduardo Viola, militar arxentino que durante 1981 usurpou a presidencia. 1925 - Margaret Thatcher, política británica. 1931 - Raymond Kopa, futbolista francés. 1934 - Nana Mouskouri, cantante grega. 1941 - Paul Simon, cantante e músico estadounidense (Simon and Garfunkel). 1951 - Xosé Ramón Freixeiro Mato, profesor e crítico galego. 1955 - Joaquín Caparrós, adestrador de fútbol español. 1961 - Doc Rivers, xogador e adestrador de baloncesto estadounidense. 1961 - Rubén Lois González, xeógrafo e político galego. 1961 - Derek Harper, xogador de baloncesto estadounidense. 1970 - Xosé García Rodríguez, escritor galego. 1971 - Luís Tosar, actor e cantante galego. 1971 - Sacha Baron Cohen, humorista británico (Borat). 1977 - Paul Pierce, xogador de baloncesto estadounidense. 1978 - Jermaine O'Neal, xogador de baloncesto estadounidense. 1981 - Kele Okereke, vocalista e guitarrista de Bloc Party. 1988 - Norris Cole, xogador de baloncesto estadounidense.

Mortes miniatura|100px|Francesc Ferrer i Guàrdia 54 - Claudio, emperador romano entre o 41 e o 54. 1715 - Nicolas Malebranche, filósofo e teólogo francés. 1822 - Antonio Canova, escultor italiano. 1853 - Luis López Ballesteros, militar e político español. 1909 - Francesc Ferrer i Guàrdia, pedagogo catalán. 1919 - Karl Adolph Gjellerup, dramaturgo e novelista danés, premio Nobel de Literatura en 1917. 1928 - María de Rusia, emperatriz, nai so tsar Nicolao II de Rusia. 1946 - José Barbeito Rouco, médico e político galego (n. 1885). 1955 - Manuel Ávila Camacho, presidente mexicano entre 1940 e 1946. 1991 - Donald Houston, actor galés. 2003 - Bertram Brockhouse, físico canadense gañador do Premio Nobel de Física. 2006 - Elidio Cortés, futbolista galego. 2016 - Dario Fo, escritor italiano (n. 1926).

Festas e celebracións Día Mundial do Cancro de Mama Metastásico, poucos días antes do Día Mundial do Cancro de Mama, o 19 de outubro.

Outros Santoral:

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Outubro