Aulo Cornelio Celso (en ) nado no ano -25 e finado no ano 50, foi un enciclopedista romano e posibelmente un médico. É coñecido pola súa obra De Medicina, que se cre que é a única sección sobrevivente dunha enciclopedia meirande. De Medicina trata sobre dieta, farmacia, cirurxía e outros eidos relacionados, e é un dos mellores exemplos no que se refire a coñecemento médico na Roma antiga. As partes perdidas da enciclopedia probabelmente incluían volumes sobre agricultura, dereito, retórica e tácticas militares. Tamén contribuíu á clasificación de doenzas dermatolóxicas humanas.

Traxectoria Non se coñece nada da súa vida. O seu propio nome é motivo de debate, xa que foi chamado tanto Aurelio como Aulo, sendo o segundo o máis plausíbel."Tradicionalmente foi chamado Aurelio, pero Aurelio é un nome familiar non un nome propio; mentres que Aulo é un nome propio común entre os Cornelios e ten apoio manuscrito." - The McGraw-Hill encyclopedia of world biography, (1973), páxina 448. Algunhas expresións que emprega en De Medicina suxiren que viviu durante o mandato de Octavio Augusto e Tiberio.Celsus, De Medicina, praef.; iii. 4 Non se sabe con certeza onde viviu.

esquerda|miniatura|De Medicina

Notas

Categoría:Nados en -25 Categoría:Finados en 50 Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Enciclopedistas Categoría:Cirurxiáns