O Dundee United Football Club é un club de fútbol escocés da cidade de Dundee. Fundouse en 1909 e actualmente compite na Scottish Premiership.

O equipo recibe os alcumes de "The Terrors", mentres que os seus seareiros son "The Arabs" (os árabes) e "The Tangerines" (os mandarinas, en relación á camisola laranxa que os caracteriza, e que procede da bandeira irlandesa.

Historia Naceu en 1909 co nome de Dundee Hibernian, pero foi refundado no 1923 xa coa denominación actual. O nome de Hibernian fai referencia a Irlanda e á base de inmigrantes católicos sobre a que se formou, ao igual ca outros clubs escoceses, coma o Celtic de Glasgow ou o Hibernian de Edimburgo. Tamén como neses casos existe un rival tradicional, formado sobre os barrios protestantes, e que se chama Dundee FC.

Méritos Os principais títulos que ten conseguido este conxunto, ata a tempada 2006-2007, son:

Semifinalista da Copa de Europa en 1984. Finalista da Copa da UEFA en 1987, cando perdeu contra o IFK Göteborg sueco por 1:0 e 1:1 (dobre volta, xogado o segundo partido en Escocia). Campión da División de honra en 1983. Campión da Copa escocesa en 1994. Campión da Copa da Liga escocesa en 1980 e en 1981.

Categoría:Equipos de fútbol de Escocia