O aguti negro (Dasyprocta fuliginosa) é unha especie de roedor histricomorfo da familia Dasyproctidae propia de Suramérica. É nativo do sur de Venezuela, leste de Colombia, nordeste do Perú, leste de Ecuador e o noroeste do Brasil, até os 1500 m de altitude. Existe unha poboación disxunta no val do río Magdalena, no norte de Colombia.
Características O seu corpo rolda os 45 a 76 cm de longo, cunha cola de 1 a 3 cm. As femias son menores ca os machos. As patas posteriores teñen 12 a 14 cm de lonxitude con tres dedos. Na pata anterior ten 4 dedos e un vestixio de polgar. A pelaxe superior é denegrida agrisada, máis longa no lombo; nas partes inferiores é castaño a amarelo e branco.
Comportamento Son crepusculares e nocturnos, o seu principal alimento son froitos, especialmente de palmas, aínda que tamén consomen sementes, algunhas herbas e tubérculos. Adáptanse moi ben ás modificacións introducidas polo home, aínda que son intensamente cazados pola súa carne.
Cada femia ten dous partos ó ano, en cada un dos cales nacen 2 crías (en ocasións 3 ou até 4). A xestación dura de 98 a 110 días.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Borrero, J. I. 1967. "Dasyprocta fuliginosa"; Mamíferos Neotropicales. 1.ª. Edición. Departamento de Biología. Universidad del Valle. Cali, Colombia. Eisenberg, John F. and Kent H. Redford, 2000. Mammals of Neotropics: Ecuador, Bolivia and Brazil. Linares, O. 1998. "Dasyprocta fuliginosa"; Mamíferos de Venezuela. 1.ª. Edición. Sociedad Conservacionista Audubon de Venezuela. Caracas, Venezuela. Ojasti, J. 1993. "Dasyprocta fuliginosa"; Utilización de la fauna silvestre en América Latina. Situación y perspectivas para un manejo sostenible. 1.ª edición. FAO. Italia. Otero, R. 1977. "El ñeque, un gamín de la selva"; Esso Agrícola 3: 13-16.
Categoría:Animais descritos en 1832 Categoría:Fauna do Amazonas Categoría:Mamíferos do Brasil Categoría:Mamíferos de Colombia Categoría:Mamíferos de Ecuador Categoría:Mamíferos do Perú Categoría:Mamíferos de Venezuela