O caracará do norte (Caracara cheriway) é unha especie de ave de rapina que pertence á familia Falconidae. É nativo de América do Sur, o Caribe, América Central, e América do Norte até o sur dos Estados Unidos. Outrora, estivo considerado conespecífico con C. plancus e C. lutosa.AOU Check-list of North American Birds. 7th edition w. supplements. Consultado o 26 de abril de 2008ABA Check-list (PDF). Version 6.8. Consultado o 26 de abril de 2008

Descrición C. cheriway ten unha lonxitude de 49-58 cm, unha envergadura de 120 cm, e pesa 1050-1300 g. Ten unha cola longa, e ás anchas. As súas patas son longas, e camiña e corre a miúdo no chan. Os adultos teñen o corpo, as ás, a crista e a coroa de cor negra. Teñen manchas brancas no pescozo, rabadilla e as ás. A cola é de cor branca con negro e unha franxa terminal. O peito é de cor branca, finamente barrado con negro. O peteiro é groso, de cor agrisada, e as patas son de cor amarela. A cera e a pel da faciana son de cor amarela escura a laranxa-vermella, dependendo da idade e o estado de ánimo.

Non hai dimorfismo entre os sexos, pero as aves inmaturas son de cor marrón, co peito pálido con manchas de cor café, pernas de cor branca agrisada, e a cera e a pel da faciana é agrisada ou rosada-púrpura opaca.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas eNature.com page with photograph and sound National Birds: Mexico

Categoría:Aves de Cuba Categoría:Aves do Brasil Categoría:Aves de América Central Categoría:Aves de Colombia Categoría:Aves de Ecuador Categoría:Aves de Trinidad e Tobago Categoría:Aves de Venezuela Categoría:Aves do Amazonas Categoría:Aves da rexión da Güiana Categoría:Animais descritos en 1784