miniatura|180x180px|A cabeza de gorgona é unha icona numismática de presenza frecuente no danake O danake (grego: δανάκη, danáke; persa antigo: dânake) era unha pequena moeda de prata do Imperio Aqueménida de valor equivalente ao do óbolo grego, de circulación entre os gregos orientais.Frey, A. R. (1917). Páxina 60.Bivar, A. D. H. (1985). Páxina 635."Danake". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly."Danake". En Ocampo, E. Diccionario de términos artísticos y arqueológicos. Icaria. Barcelona, 1992. ISBN 84-7426-191-0

O termo foi utilizado polos arqueólogos dun xeito impreciso. En xeral, referíronse con el ás moedas tanto de ouro como de prata soterradas cos mortos, presumíndose que se tratarían dunha sorte de óbolos de Caronte. Tamén se ten considerado entre os numismáticos o danake como calquera moeda sen referencias á autoridade emisora utilizada polos gregos e con orixe estranxeira."Danaké". En Babelon, E. (1901). Páxinas 514-518

No entanto, en Persia, o danake fora xa orixinalmente unha unidade de peso para a prata a granel, que representaba a oitava parte dun siclo (1,05 g), aínda que o uso deste termo quedou obsoleto. No período helenístico e máis adiante utilizouse para designar o óbolo de prata da Ática, que orixinariamente representaba a sexta parte dun dracma.Bivar, A. D. H. (1985). Páxina 622.

Uso ritual en contexto funerario

miniatura|esquerda|Caronte recibe unha moeda para a pasaxe dunha alma guiada por Hermes como psicopompo O danake foi unha das moedas que se utilizaron como "óbolo de Caronte", que se colocaba na boca dos defuntos para o pagamento do barqueiro que levaría as súas almas a través do río que dividía o mundo do vivindo do dos mortos. O lexicógrafo da era cristiá Hesiquio de Alexandría dálle á palabra δανάκη o significado de "óbolo para os mortos", e o Suda, a gran enciclopedia bizantina do século X sobre o mundo antigo define tamén o danake exclusivamente neste sentido ritual."δανάκη". En Hesiquio. Lexicon."δανάκη" En Suda. Lexicon. Citado por Grabka, G. "Christian Viaticum". En Traditio 9. 1953. Páxina 8. Múltiples fontes literarias, a pequenez do valor desta denominación monetaria foi tomada como un recordatorio de que a morte iguala os ricos cos pobres.Stevens, S. T. "Charon's Obol and Other Coins in Ancient Funerary Practice". En Phoenix 45 (1991). Páxinas 217, 219-220.

Malia relacionarse habitualmente o óbolo de Caronte co Helenismo, a arqueoloxía indica que o rito de colocar dunha moeda na boca dos defuntos se practicaba tamén durante os imperios Parta e Sasánida, na rexión do actual Irán, aínda que a moeda utilizada adoitaba ser un dracma.Bivar, A. D. H. (1985). Páxinas 622-623.

No interior de tumbas aparecen tamén adoito danakes de ouro. Nun soterramento de Tesalia de arredor do século IV a. de C., achouse unha destas pezas áureas, caracterizada pola figura da cabeza dunha gorgona, colocada nos beizos dunha muller, presumiblemente como parte do seu aparato relixioso por profesar o orfismo ou cultos mistéricos dionisíacos.Tasntsanoglou, K.; Parássoglou, G. M. "Two Gold Lamellae from Thessaly". En Hellenica 38 (1987) 3-16.

Outros Danakes en contextos mortuorios, en diversos metais, foron atopados a partir da década de 1990 en escavacións arqueolóxicas en lugares como Lemnos, Macedonia central, Eubea ou en Epiro.Blackman, D. "Archaeology in Greece 1999-2000". En Archaeological Reports 46 (1999-2000). Páxina 67.Blackman, D. "Archaeology in Greece 2001-2002". En Archaeological Reports 48 (2001-2002). Páxina 91.Whitley, J. "Archaeology in Greece 2004-2005". En Archaeological Reports 46 (2004-2005). Páxina 37, 49, 64.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Moeda da Antiga Grecia Óbolo Óbolo de Caronte

Bibliografía

Babelon, E. Traité des monnaies grecques et romaines. Vol. 1. Leroux. París, 1901. Bivar, A. D. H. "Achaemenid Coins, Weights and Measures". En The Cambridge History of Iran. Vol 2. Cambridge University Press, 1985. Carradice, I.; Price, M. Coinage in the Greek World. Londres, 1988. ISBN 978-0900652820 Frey, A. R. A Dictionary of Numismatic Names. Nova York, 1917. Head, B. V. The Coinage of Lydia and Persia from the Earliest Time to the Fall of the Dynasty of the Achaemenids. Londres, 1877. Hill, G. F. “The Coinage of the Ancient Persians”. En Survey of Persian Art I. Páxinas 397-405. Inscriptiones Graecae I3, ed. D. Lewis. Berlín, 1981. Smith, William (ed.). A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. Ed. John Murray. Londres, 1890.

Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de prata Categoría:Persia Categoría:Etnografía Categoría:Arqueoloxía